DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, Lúa anima a todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria a facerlle un retrato. Pódese empregar calquera técnica ou soporte. 

Con todos os retratos farase unha exposición polos corredores do colexio.

Atrevédesvos a facerme un retrato?

Mans á obra, sodes todos grandes artistas!


CARTA ENVIADA POR LÚA AOS NENOS E NENAS