EN LINGUA DE SIGNOS



Hoxe tivemos a visita de Iria Filgueira da Asociación de Xordos de Vigo, que nos deu unha charla sobre a comunidade xorda, dentro das campañas de sensibilización que están a ter lugar este ano no cole.

Como Iria é unha persoa xorda, o idioma que usou foi a lingua de signos, e aínda que este ano os nenos e nenas estanse a iniciar nela, aínda non son capaces de entendela, así que necesitamos que viñese tamén unha intérprete, que nos pasaba a mensaxe da lingua de signos á lingua oral.

Neste caso, fomos nós os que necesitamos a intérprete xa que descoñecemos a lingua de signos. Isto débenos facer recapacitar sobre o enorme esforzo diario que deben realizar moitas persoas para comprender e percibir o que sucede ao seu arredor.

Algo tan sinxelo como a aprendizaxe da súa lingua dende pequenos, como facemos nós, conseguiría eliminar as barreiras de comunicación que aínda, a día de hoxe, seguen existindo.



Está nas nosas mans!