MARÍA LADO NO NOSO COLE

 
    Os nenxs de 3⁰ e 4⁰ de Primaria recibiron hoxe a María Lado, unha das autoras do libro "Caramomia", un relato moi emocionante que narra algunhas das aventuras vividas por catro amigos durante a pandemia. 

Xa sabedes, lectura recomedada,manteravos intrigados ata o final.

ANÍMATE A LER, NA NOSA BIBLIOTECA HAI MOITAS HISTORIAS

                                      


    Os nosos nenos e nenas veñen moito pola biblioteca, unhas veces para préstamos de libros, outras para compartir momentos de xogo cos clubes e... outras veces, para disfrutar dun momento agradable de lectura. Aquí está o grupo de 2º  de Educación Primaria nos nosos recantos da biblioteca.

VISITA DE BIT

 



 
   Hoxe apareceu polo noso cole BIT, da mán dalgúns dos nosXs nenXs de Primaria, para comunicarnos que neste ENTROIDO vai ser el que nos vai ir dando ar ordes para que comecemos a disfrazarnos. Agora si, que ninguén o perda de vista, estará ás portas da nosa biblioteca co mandado de cada día. 

 

    QUE VIVA O ENTROIDO!!

CONTOS POLA PAZ


     O alumnado de 3º e de 6º de Eduación Primaria de relixión acompañáronse dos máis pequenos do centro para disfrutar dun momentiño de lectura na nosa biblioteca e descubrir algúns dos contos sobre a PAZ que temos na nosa colección de libros. É marabilloso ver como se entenden.

APERTURA DA BIBLIOTECA


    Estes días todo o alumnado do centro puido achegarse á nosa biblioteca para coñecer a nova mascota,  para recordar como está distribuída, onde atopar os libros que máis nos poden interesar a cada clase, recordar algunhas normas para coidar deste espazo do noso cole e poder disfrutalo en moitas vindeiras ocasións. 

CHEGOU O DÍA





 
NENOS, NENAS, PROFES...CHEGOU O DÍA!
 
 ESTIVEMOS DEIXANDO POLO CENTRO ALGUNHAS PISTAS PARA AVISAR DO QUE ÍA ACONTECER E... POR SI AÍNDA QUEDOU ALGUÉN SIN SABELO...

XA PODEDES VISITAR A BIBLIOTECA DO NOSO COLE!