NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Mes da Ciencia na biblio!

Sabías que a ciencia está presente en moitas das cousas que nos rodean? 🌍🔬🧪

Na Biblio Tui 2 agardámosvos cunha selección de libros sobre ciencia para descubrir, aprender e espertar a vosa curiosidade neste mes tan especial.

Os libros de divulgación científica axúdannos a comprender mellor o mundo, descubrir novas ideas e aprender cousas sorprendentes sobre o universo, a natureza, o corpo humano, a tecnoloxía e moito máis.

👀 Anímate a pasar pola biblio, escolle o teu libro e prepárate para investigar, descubrir e sorprenderte!

A ciencia en galego tamén se le na biblioteca! 💡📖



SEMANA DA INAGURACIÓN

A Biblio Tui2 XA ESTÁ EN MARCHA!

Comezamos a semana de reapertura da nosa biblioteca cunha gran ilusión e moitas ganas de compartir este novo e renovado espazo con toda a comunidade educativa. 📚✨

Antes de recibir os diferentes cursos, celebramos unha xornada de benvida moi especial co profesorado, na que compartimos uns doces, conversas e charlas sobre todas as novidades da BIBLIO2. Un momento perfecto para descubrir os cambios, coñecer as novas propostas e comezar esta nova etapa con moita ilusión.

Ao longo das mañás, os diferentes cursos foron pasando pola biblioteca acompañados dos seus titores e das persoas responsables da Biblio, que lles ofreceron unha pequena charla para coñecer mellor este espazo: información importante, normas de uso e funcionamento, organización e todo o que precisamos saber para desfrutar dela ao máximo. 📖

Ademais, pola tarde tamén abrimos as nosas portas ás familias para que poidan achegarse, coñecer e descubrir todo o que lles ofrece. Agardamos que a biblioteca volva a converterse nun lugar de encontro, descubrimento, aprendizaxe e, sobre todo, de moitas aventuras lectoras.

Benvidas e benvidos á Biblio Tui2! Que comece a aventura! 💛📚


APERTURA DA BIBLIOTECA

 



A BIBLIO ABRE AS SÚAS PORTAS DE NOVO 


Foron meses de moito traballo pero, afortunadamente, xa vos 

podemos contar que o próximo 2 DE NOVEMBRO, a 

Biblioteca volverá estar dispoñible para desfrutar de todas 

esas marabillosas historias que están a esperar por vós, os 

espazos renovados e a infinidade de posibilidades que vai

ofrecer a nosa BIBLIOTUI2!


AGARDAMOS A VOSA VISITA!


 

CURSO 2026-2027

 


BENVID@S a un novo curso escolar que vai ser,

 literalmente, unha obra de arte!


Chega o primeiro día de colexio e ao entrar no centro atopástesvos con rencantos especiais nas entradas, nos corredores, con libros interesantes cos que queremos inspirarvos, que esperten en vós preguntas que vos motiven a investigar, descubrir  e crear.

Queremos que este curso deixedes voar a vosa creatividade e descubrades o artista que levades dentro.






ENQUISA PARA O NOSO ALUMNADO