OBRADOIRO DE NADAL NA BIBLIOTECA

    Hoxe o alumnando de 3º B elaborou, coa axuda dos bibliovoluntarios, unhas tarxetas navideñas que lles quedaron preciosas



               

  

CIENCIA NO NOSO COLE

    Puxemos fin ao MES DA CIENCIA coa visita de HEROES POLA CIENCIA e o MAGO PACO, que nos tiñan preparadas unha chea de actividades sorprendentes. Desde os máis pequenos de Infantil ata a rapazada de Primaria puideron descubrir que a maxia e a ciencia están moito máis relacionados do que pensamos.      

             

       

              

   

 

MOCHILAS LECTORAS

 Hoxe @s encargad@s da Biblioteca 

entregaron as MOCHILAS LECTORAS 


    As nosas mochilas van cargadiñas de libros, contos e revistas que agardamos que vos entreteñan e vos regalen momentiños divertidos con historias, palabras, descubimentos, datos curiosos e lecturas en familia.

    Recordade, é un préstamo dunha semana e tedes que coidar todos eses libros para que cheguen en bo estado a cada casa que visite.





UN SAMAÍN NO 2

 COIDADO! CHEGAN DÍAS DE MEDO


     Chegan esos momentos nos que nenos, nenas e mestres elixen os disfraces perfectos para dar sustos, días de manualidades terroríficas, de merendolas tremendamente asquerosas e, este curso, días de obradoiros de Samaín.

    A nosa Biblioteca foi un dos espazos que eliximos para facer esos obradoiros, eliximos libros de bruxas, castelos encantados, pantasmas e moitos outros obxectos e personaxes tenebrosos. Tamén aproveitaron para deixar escritas palabras ou pintar debuxos que daban moito medo e que, coa luz que nos rodeaba, ata parecía que ían cobrar vida.


     

    Para máis detalles de todos os xogos que se realizaron nestes obradoiros...aquí tedes un vídeo máis completo: 

https://www.instagram.com/reel/DQbva5KjZl7/?igsh=OGVsOXVvNWZhYXkx



EXPOSICIÓN CREATIVA

    Xa luce no noso corredor o mural que todos xuntos fixemos polo DÍA DAS ESCRITORAS. Cada curso investigou, clasificou e deixou plasmado curiosidades de diferentes escritoras de moitos libros coñecidos e outros que foron descubrindo. 

QUE TRABALLO MÁIS BONITO RAPAZADA! 


                    





















SORPRESA!

    Estes días na nosa biblioteca podedes atopar un recanto moi especial no que fomos reunindo libros das diferentes autoras que propuxemos para investigar, estamos seguros de que cando os vexades xa seredes capaces de recoñecer moitos dos títulos. DISFRUTADE DA LECTURA! Hai libros moi diferentes, con segredos gardados entre as súas follas, así que non perdades detalle.





E...hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, temos para vós unha sorpresa:
Ana Meilán dedícavos unhas palabriñas cheas de emoción cunha mensaxe: 
NON DEIXEDES DE PASARVOS POLA BIBLIO DO 2.