UN SAMAÍN NO 2

 COIDADO! CHEGAN DÍAS DE MEDO


     Chegan esos momentos nos que nenos, nenas e mestres elixen os disfraces perfectos para dar sustos, días de manualidades terroríficas, de merendolas tremendamente asquerosas e, este curso, días de obradoiros de Samaín.

    A nosa Biblioteca foi un dos espazos que eliximos para facer esos obradoiros, eliximos libros de bruxas, castelos encantados, pantasmas e moitos outros obxectos e personaxes tenebrosos. Tamén aproveitaron para deixar escritas palabras ou pintar debuxos que daban moito medo e que, coa luz que nos rodeaba, ata parecía que ían cobrar vida.


     

Este é o libro que entre todos creamos. Non deixedes de pasarvos polo espazo de Novidades, alí oa atoparedes.




    Para máis detalles de todos os xogos que se realizaron nestes obradoiros...aquí tedes un vídeo máis completo: 

https://www.instagram.com/reel/DQbva5KjZl7/?igsh=OGVsOXVvNWZhYXkx