Mostrando entradas con la etiqueta APADRIÑAMENTO LECTOR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta APADRIÑAMENTO LECTOR. Mostrar todas las entradas

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL DE 2026

Nesta semana, o Colexio Número 2 volveu vivir unha desas xornadas que fan da nosa biblioteca un espazo vivo e compartido. Unha vez máis, unímonos para gozar dunha das actividades máis agardadas por todos:  ler en compañía.


Aproveitando a chegada dos primeiros días primaverais, decidimos sacar os libros fóra da biblioteca e trasladar a maxia da lectura ao aire libre. O noso patio encheuse de historias, imaxinación e, sobre todo, de moita complicidade entre os diferentes niveis educativos.


Como xa vén sendo tradición no noso centro, o alumnado de cursos superiores exerceu de madriñas e padriños de lectura dos máis pequenos e pequenas. Foron os propios maiores os que visitaron a nosa biblioteca para seleccionar con moito coidado os contos que logo lles lerían aos seus afillados e afilladas, buscando historias que puidesen espertar a súa curiosidade e ilusión.


Foi unha experiencia fantástica ver como o colexio se une a través das palabras, creando vínculos entre nenos e nenas de diferentes idades mentres gozaban dun bo libro baixo o sol.


   


Grazas a todas as madriñas e padriños
 por facer da lectura un agasallo!

DÍA DA PAZ

 CANTAS COUSIÑAS INTERESANTES FIXEMOS ESTA SEMANA NO NOSO COLE!!

    Cada curso foi pasando nas súas horas correspondentes pola Biblioteca para facer un Obradoiro de Lingua Galega, no que os nenos e nenas podían escribir palabras e mensaxes de paz, CUMPRIDOS para compañeir@s. Xuntos fomos creando uns carteis para formar un gran mural que luce no noso corredor e que non só nos ten guiar no DÍA DA PAZ, senón que teñen que ser pensamentos que nos acompañen por sempre rapaces.

 



  

CANTAS PALABRAS BONITAS, SEMPRE NOS ABRAIADES
 COAS COUSAS QUE FACEDES 


    Neste paso pola Bilio Tui2, tiñamos libros interesantes nos estantes para ollar, ler, contar. 





    E... hoxe 30 de xaneiro,DÍA DA PAZ,  tivemos dous momentos moi fermosos.

Na HORA DE LER, padriños e madriñas reuníronse cos seus afillad@s para lerlles contos e  disfrutar dos libros da nosa Biblioteca. Que bonito ver como os nosos pequen@s se transforman en seres moi grandes e especiais que coidan e acompañan a compañeir@s nun momentiño de lectura.

 


    Ademáis, sorprenderon con títeres que fixeron que as lecturas cobraran vida e mesmo, algúns agasalláronse con debuxos ou marcapáxinas. BRAVO!



    Despois reunímonos todos para cantar a canción, HAI UN AMIGO EN MIN, cunhas pequenas adaptacións que algúns profes fixeron para poder cantala en varios idiomas.






DÍA DO LIBRO

     O equipo da biblioteca organizaou os apadriñamentos lectores para celebrar o DÍA DO LIBRO. Cada aula recibiu unha invitación da nosa mascota da biblioteca BIT e unha pegatina para cada un dos nenos, nenas, mestres e mestras coa mensaxe: PÉRDETE PARA LER.
 

 
O alumnado de 3º,4º e 6º de Primaria,cos libros elexidos polos afiliados e afiliadas,foron a buscalos as súas aulas e por parellas escolleron un recuncho no patio do colexio para un momento de lectura conxunta.




Madriñas e padriños lectores

    Durante este curso retomamos unha actividade que funciona moi ben:                     aparecen de novo  as madriñas e padriños lectores!!!

    Alumnos e alumnas de primaria leen contos a outros grupos, normalmente os máis maoires a compañeiros e compañeiras máis pequenos. Esta interesante iniciativa é positiva para todo el alumnado xa que mellora a expresión oral e a comprensión lectora, contribúe a mellorar  a entoación e o  ritmo nas lecturas. Por outro lado, favorece o desenvolvemento das relacións interpersoais e permite que nenos e nenas de diferentes idades se acheguen, mellorando a motivación e o pracer de compartir a lectura. Os máis cativos disfrutan moito ao ver a compañeiros e compañeiras maiores léndolles contos, mellora a escoita activa, a atención, a creatividade e a imaxinación.