Decía Günter Grass que "non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que lee" pois, “Hora de Ler” ... é ese tempiño no que todo o alumnado do noso centro mergúllase na lectura, unha actividade diaria coa que o CEIP PLURILINGÜE Nº2 colabora a crear un hábito lector para os nosos e nenas. Con este tempo de lectura mestres e mestras implícanse para que toda a rapazada goce cun libro nas súas mans.
No blog da nosa Biblio Tui2 creamos esta fiestra para ollar as nosas "Horas de Ler", compartindo algunhas das actividades que imos facendo durante o curso para impulsar a LECTURA, ás veces solitaria, outras compartida, ás veces con todo o cole e, sempre, intentando que sexa moi DIVERTIDA.

