Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS CREATIVOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS CREATIVOS. Mostrar todas las entradas

POEMA EL CARACOL HERIDO, de Gloria Fuertes

 Os nosos nenos e nenas de 4 anos teñen entre mans un proxecto ben curioso sobre "os caracois". Xa levan uns meses investigando, traendo datos curiosos coa colaboración das familias, leron contos de caracois para aprender máis deste animaliño, cantaron cancións e...moitas moitas outras actividades. 

    Vinculado ao Día da Poesía estes nenos e nenas animáronse a facer unha creación maravillosa, a súa versión do poema "El caracol Herido", de Gloria Fuertes. Debuxaron, escribiron e puxeron voz aos versos de Gloria Fuertes para elaborar un poema ilustrado e recitado por si mesmos.



SEMANA DA PRENSA

 


Durante a segunda semana de marzo o centro celebrou de maneira conxunta o 8M e a Semana da Prensa.


    Na entrada da Biblioteca preparamos un recanto con libros, revistas, periódicos para achegar ao alumnado ao mundo da prensa ao tempo que se reflexionou sobre o papel das mulleres na sociedade e no xornalismo.


   


    Os distintos cursos foron disfrutando da súa hora semanal na Biblio para ollar todo este material, para investigar, para descubrir, para reflexionar.





Algúns nenos e nenas,

animados cos libros expostos,

decantáronse por investigar un

pouco máis sobre mulleres que

inspiran.












    Os máis pequenos do noso cole disfrutan da sua HORA DE LER cunha proposta moi divertida. Ademáis de descubrir este recanto de libros, de revistas, de periódicos gozaron dunha sesión de estacións de aprendizaxe na Biblio.




Aquí os tedes, circulando polas diferentes estacións 

con catro actividades para desenvolver diferentes competencias.




ROSALÍA DE CATRO

    Durante esta semana, no noso colexio celebrouse o Día de Rosalía de Castro cunha chea de actividades.Na nosa Biblioteca , creamos un mural xigante de Rosalía de Castro, adornado con flores e frases das súas poesías. Agora o mural loce no corredor principal. Algúns nenos e nenas traballaron poesías de Rosalía de Castro e crearon marcadores de páxinas con citas das súas obras. Por outra parte, a canción "Rosalía Pequeñina" estivo soando nalgunhas aulas para homenaxear á nosa poeta galega.

    Foi unha semana moi especial para lembrar a vida e a obra de Rosalía de Castro, e para celebrar a súa contribución á literatura galega. 




TEATRO DE TÍTERES

 

    Este venres, na nosa Biblioteca, creouse un ambiente máxico cunha actividade moi especial. 

 

    Os nenos de 5º de Educación Primaria enteráronse de que os pequenos de 3 anos centraron o seu traballo do PROXECTO de TEATRO no conto dos TRES PORQUIÑOS e...como todos estamos interesados e vinculados con este tema, animáronse a preparar unha narración do conto acompañada con títeres. 

Foi estupendo velos en acción, modulando a voz, facendo aparecer os títeres que eles mesmos crearon na súa clase de ARTS. Os pequerrechos disfrutaron moitísimo dese momento. 

Despois do teatro de títeres maiores e pequenos colaboraron nun obradoiro para crear máscaras de porquiño. Con estas máscaras os nenos de 3 anos xogarán a ser personaxes deste conto, disfrazándose e contando esta historia co seu propio estilo.




OBRADOIRO CREATIVO DE INVERNO


Este mércores o alumnado de 3ºA realizou un obradoiro creativo, organizado polo Equipo da Biblioteca, en colaboración cos bibliovoluntarios de 6º de Educación Primaria.

Traballamos a motricidade fina, a coordinación visomotora, a planificación, a concentración e a atención, a autonomía e, sobre todo, a creatividade.

O resultado foi este magnífico traballiño do que quedaron encantados.


OBRADOIRO DE NADAL NA BIBLIOTECA

    Hoxe o alumnando de 3º B elaborou, coa axuda dos bibliovoluntarios, unhas tarxetas navideñas que lles quedaron preciosas



               

  

UN SAMAÍN NO 2

 COIDADO! CHEGAN DÍAS DE MEDO


     Chegan esos momentos nos que nenos, nenas e mestres elixen os disfraces perfectos para dar sustos, días de manualidades terroríficas, de merendolas tremendamente asquerosas e, este curso, días de obradoiros de Samaín.

    A nosa Biblioteca foi un dos espazos que eliximos para facer esos obradoiros, eliximos libros de bruxas, castelos encantados, pantasmas e moitos outros obxectos e personaxes tenebrosos. Tamén aproveitaron para deixar escritas palabras ou pintar debuxos que daban moito medo e que, coa luz que nos rodeaba, ata parecía que ían cobrar vida.


     

Este é o libro que entre todos creamos. Non deixedes de pasarvos polo espazo de Novidades, alí oa atoparedes.




    Para máis detalles de todos os xogos que se realizaron nestes obradoiros...aquí tedes un vídeo máis completo: 

https://www.instagram.com/reel/DQbva5KjZl7/?igsh=OGVsOXVvNWZhYXkx



EXPOSICIÓN CREATIVA

    Xa luce no noso corredor o mural que todos xuntos fixemos polo DÍA DAS ESCRITORAS. Cada curso investigou, clasificou e deixou plasmado curiosidades de diferentes escritoras de moitos libros coñecidos e outros que foron descubrindo. 

QUE TRABALLO MÁIS BONITO RAPAZADA!