ENCONTRO CO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS




O día 24 de outubro, día das bibliotecas, máis de 200 nenos e nenas do noso colexio foron ao teatro municipal para coñecer en persoa ao escritor Xosé Neira Vilas. Alí cantáronlle unha canción composta por un grupiño deles que dicía así:

Eu son Balbino,un rapaz de aldea.
Eu son Balbino,un rapaz de aldea.
Tiña un canciño chamado Pachín.
Un día morreu. Xa non está aquí.
O meu amigo Lelo tamén me deixou.
Un día "pra" América él tamén marchou.
NENOOOOOOOOOOOOOO!
BALBINOOOOOOOOOOOO!
Eu son Balbino,un rapaz de aldea.
Eu son Balbino,un rapaz de aldea.
Quixera andar polo mundo enteiro.
Ir polos mares e polas terras.
E como fai o capitán Smith,
surcar os mares, chegar a Pequín.
NENOOOOOOOOOOOOOO!
BALBINOOOOOOOOOOOO!
Eu son Balbino,un rapaz de aldea.
Eu son Balbino,un rapaz de aldea.

Despois entregáronlle a partitura e tamén unha recompilación de traballos feitos nas aulas sobre o libro "Memorias dun neno labrego".