O NADAL NAS DÚAS BEIRAS DO RÍO

Como xa todos sabedes, este curso estamos traballando con tres colexios máis no PROXECTO ARCE.
Desde a Biblioteca queremos que nos axudedes a investigar como se celebra o Nadal nas dúas beiras do río Miño, comparando as tradicións típicas de España e de Portugal.
Podedes encontrar información no libro de Nadal que recomendamos no boletín para as familias, pois ten varios capítulos dedicados ao Nadal en diferentes partes do mundo, e tamén podedes consultar esta páxina http://nadal.galiciadigital.com/tradicions.php .
Pero o que realmente nos gustaría é que se tedes familia, amigos ou coñecidos en Portugal, lles preguntedes a eles a ver que vos contan e comparedes co que facedes vós nas vosas casas.