"A educación non é un conto.
Polos dereitos das nenas e das mulleres"
Baixo este lema,
miles de alumnos, alumnas, docentes (entre os que estaba unha
representación do noso colexio) xunto a varias organizacións non gobernamentais
e personalidades do mundo da cultura, uníronse
reclamando aos representantes políticos un maior compromiso e unha maior
vontade para garantir o dereito fundamental á educación de tódalas persoas, en
especial a educación das nenas e as mulleres, e insistir na necesidade de
actuar de maneira urxente, pois aínda dous terzos das persoas adultas sen alfabetizar
son mulleres; e dos 69 millóns de nenos e nenas en todo o mundo sen
escolarizar, o 54% son nenas.
Este vídeo recolle
actividades levadas a cabo en Galicia durante a SAME (Semana de Acción
Mundial pola Educación), qué unha das principais actividades de sensibilización
e mobilización social da Campaña Mundial pola Educación.
Algunhas das imaxes do vídeo foron gravadas na nosa
Biblioteca coa participación de alumnos e alumnas de 5º do noso colexio.