DÍA DO LIBRO




Hoxe, como estaba previsto, os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo levaron os seus carteis con frases sobre a lectura e os máis pequenos as súas cartas de amor á biblioteca, e reuníronse no claustro da Catedral cos outros nenos e nenas dos colexios e institutos de Tui e fixeron intercambio de libros.
Tamén houbo actuacións musicais, recitado de poemas, lectura das cartas, etc.


As letras xigantes que fixeramos en cada centro estaban colocadas formando a frase
 "AMAMOS AS BIBLIOTECAS",
coa que queremos mostrar o noso apoio a tódalas bibliotecas públicas.