INVENTAMOS NOVOS ABECEDARIOS

Os nenos e nenas de primeiro de primaria do noso colexio adican moito tempo ao proceso de afianzamento da lectoescritura sendo éste un dos seus traballos principais durante todo o curso. Unha das actividades programadas para conseguir este obxectivo foi o análise e, posteriormente, a creación de novas formas para as distintas letras do abecedario. Desta maneira tan lúdica aprenderon a diferenciar as diferentes letras e hoxe en día non hai texto que se lles resista por moi "enrevesadas" que sexan as letras que atopen. 
Esta é unha escolma da súa creatividade.