BIBLIOTECAS DO MUNDO


Hoxe é o Día das Bibliotecas e no colexio recibimos de novo a visita de Lúa, a nosa mascota, que foi recorrendo tódalas aulas do colexio  para saúdar en persoa a tódolos nenos e nenas neste día tan especial. Pronto teremos as fotos do seu paso polo "cole" e dos agasallos que lle tiñan preparados as diferentes clases. Mentres, Lúa deixanos este vídeo para que vexades outras bibliotecas do mundo, aínda que insiste en que a nosa tamén é  moi bonita  e que espera que a visitedes moito.