NOVA VISITA DE LÚA

O día 24 Lúa volveu ao colexio e, acompañada da profe Meli, foi visitando unha a unha tódalas aulas do "cole" . Traía un libriño onde explicaba por qué é tan importante ler e tamén trouxo as bases para participar no concurso de fotografía "Lendo na casa". Ao seu paso polas aulas foi recibindo moitos agasallos que lle tiñan preparados os nenos e nenas, e despois, na biblioteca, entregou os premios do concurso de karaoke. Lúa agradece moito o recibimento que lle fixechedes e déixavos estas fotos de recordo.