MONSTROS




Neste mes que empezamos celebrando a festa do Samaín, no colexio realizáronse varias actividades relacionadas co "medo". Unha delas foi a creación dun libro sobre monstros feito polos nenos e nenas dunha clase de segundo de Primaria. Cada quen elexiu dous animales dunha longa lista na que colaboraron todos e con eses dous nomes inventaron un novo animal que describiron converténdoo nun auténtico monstro. Coas ilustracións e as voces dos nenos e nenas gravadas elaboramos tamén un vídeo.