OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS DO MUNDO

  


Este trimestre traballamos sobre dereitos e deberes nas aulas, no colexio, no concello e no noso país. Agora é tempo de recordar que os demais nenos e nenas do mundo tamén teñen dereitos.
O 20 de novembro de 1989 firmouse un tratado das Nacións Unidas polo que os estados participantes recoñecían unha serie de Dereitos para tódolos menores de 18 anos. Hoxe en día aínda hai moitos nenos e nenas no mundo que desgraciadamente non desfrutan deses dereitos.