CÁNTOS SOMBREIROS!

Queridos nenos e nenas, como se acerca o Nadal puxen o meu gorro vermello para pasar esta última semana antes das vacacións con todos vós, pero ao saír da Biblioteca atopeime con moitísimos sombreiros, todos bonitíiiisimos, e pregunteime porque estaban alí á entrada da "biblio"... Serán para min?... Cada día teño que levar un distinto?...

Para que mo explicara fun buscar á  profe Meli, que, como sabedes, sempre me acompaña a todas partes, e ela contoume que os nenos e nenas de infantil están traballando nun proxecto sobre sombreiros e que estes tan bonitos que hai diante da Biblioteca e polo corredor fixéronos coas familias para un desfile que vai ser o xoves.
   
Todo comenzou porque a Meli encántanlle os sombreiros, así que convenceu a outras profes para que levasen posto algún, e claro, aos nenos e nenas encantoulles e quixeron saber que tipos de sombreiros había, cales eran as partes dun sombreiro, en que profesións utilizaban algo para cubrir a cabeza, se había cancións sobre sombreiros, etc.



Por suposto empezaron a buscar información para descubrir o que non sabían, e montaron na clase auténticas fábricas das que saíron modelos espectaculares.

Tamén convertiron debuxos de sombreiros noutros obxectos, construiron xogos, leron libros, escribiron e moitíiiisimas máis cousas.

E eu estou encantada de ter a entrada da Biblioteca tan bonita.


 Moitas grazas a todos e a todas e felicidades polo voso traballo!!!