BENVIDOS A TUI



Hoxe Lúa vestiuse coas súas mellores galas, o traxe típico de Tui, e está na porta da biblioteca esperando, coma todos nós, aos "profes" compañeiros e compañeiras de Huelva, Madrid e Toledo, que veñen visitarnos. Estes " profes" dan clase nos colexios que están colaborando connosco nun proxecto ARCE. Temos unha sorpresa preparada na que participamos todos (casi cincocentas persoas entre alumnos e profesores) que esperamos que lles guste moito e logo os representantes dos alumnos ensinaranlle o noso centro e levaranos ata algunhas clases onde hai máis sorpresas. Despois reuniranse na biblioteca con Bea, Mari Carmen e Puri, coordinadoras no noso colexio deste proxecto, e membros as tres do equipo que dinamiza a biblioteca. Na entrada temos exposta unha xigantesca maqueta cos símbolos máis representativos de Tui: a Catedral, o Monte Aloia e a Ponte Internacional. Polos corredores colocáronse os paneis que cada curso realizou para expoñer o que descubriu na parte de investigación que tivo que facer sobre a nosa cidade, qué é o proxecto documental que eleximos no trimestre pasado. O equipo de Tic está elaborando un vídeo co que aportou cada clase, para rematar o proxecto. Estamos desexando velo e seguir aprendendo deste traballo colaborativo!