CINCUENTA ANIVERSARIO DO DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

O "Día Escolar da Non-Violencia e a Paz" celébrase cada 30 de xaneiro, desde 1964, en homenaxe a Mahatma Gandhi  que coa súa loita pacífica conseguiu a independencia da India, o seu país natal. Neste día deféndese e promóvese o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos dereitos das persoas, a solidariedade e a Paz.
Como este trimestre imos traballar sobre a poesía unha boa maneira de empezar é lendo e reflexionando con estes poemas sobre a paz que recompilou a biblioteca do CEIP de Cespón.






 Recordade que na nosa Biblioteca
 temos un apartado de libros relacionados coa Paz. 
Teñen unha pequena pomba na portada para que os localicedes con facilidade.

Esta historia que nos propón a profe Marta non a temos na biblioteca pero podemos lela pinchando sobre a imaxe.


E non vos perdades esta versión en galego do conto "La guerra que no fue" de  Gabriel F. Tarancón, contada e ilustrada polos nenos e nenas de 2º C.



Con estas actividades Lim  poderedes recordar ou aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelas!

Para os pequenos
Para os que vos gustan os crebacabezas

Para os maiores 



Tampouco vos perdades este vídeo onde un grupo de nenos e nenas de Mozambique dannos un fermoso agasallo aos nenos e nenas españois.



Para cantar.... seguro que moitos de vós  recordades esta canción de Mamá Cabra, porque nola ensinou o curso pasado a todo o colexio, María, a nosa profe de música.



Non nos podemos esquecer, nesta época, dun  clásico.