Hoxe celébrase en toda Galicia o Día de Rosalía recordando o aniversario do seu nacemento. Como en moitos colexios e institutos, no noso durante a semana pasada recordouse nas aulas a figura de Rosalía e os nenos e nenas recitaron poemas do libro "Cantares Gallegos", una obra de referencia para o galego, que despois de ser falado e escrito por reis, pasou un longo periodo de decadencia quedando relegado a ser falado só polas clases populares. Rosalía con esta obra recuperou o galego para o uso culto, abrindo unha nova era para a nosa lingua. Este ano cúmprense 150 anos da súa publicación.
Estamos preparando un vídeo cos recitados dos poemas por parte de tódalas clases de primaria, e ilustrado con debuxos dos nenos e nenas das aulas de Infantil. Como aínda non está rematado publicamos hoxe un que fixo unha das clases de segundo.
Mañán seguiremos recordando a Rosalía cunha actividade que tiñamos prevista para o venres e que tivemos que suspender por mor da choiva: o son das gaitas e as pandeiretas que tocarán unha "Alborada" en homenaxe a esta grande escritora, símbolo do Rexurdimento da literatura galega.