DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía.

Os nenos e nenas do terceiro ciclo estiveron traballando, coma todo o colexio nun proxecto sobre Tui. Eles tamén dedicaron unha parte do seu traballo á escritura de poemas sobre a nosa cidade. Algúns foron premiados no "Certame de Poesía na Escola" organizado pola  Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño. 


Recordade tamén que na biblioteca temos moitos libros de poesía que seguro que vos gustará ler.

Nos seguintes enlaces poderedes seguir disfrutando de poesía escoitando diversas seleccións de  poemas musicados, cantados ou recitados.


SON DE POETAS

A MEDIA VOZ

ANTOLOGÍA POÉTICA MULTIMEDIA 


O VENRES HABERÁ UN  RECITAL DE POESÍA NO QUE PARTICIPARÁN NENOS E NENAS DE TÓDOLOS CICLOS.
Lúa está desexando escoitaros!