Os
alumnos e alumnas de sexto de Primaria están de viaxe. Son 45 nenos e nenas, acompañados de 5 profesores/as, que saíron hoxe moi cedo e con moita ilusión para ir a coñecer aos compañeiros e compañeiras
dos Colexios Méjico de Madrid, Nuestra Señora del Hortum Sancho del
Casar de Escalona de Toledo e Maestro Rafael Carballar de Higuera de
la Sierra de Huelva, que, como sabedes, están traballando connosco nun proxecto
Arce (proxecto que a nosa biblioteca está apoiando xa dende o curso pasado) o que nos permitiu compartir actividades, coñecementos e
experiencias. A xuntanza dos catro colexios será en Madrid e Toledo. O curso pasado foi en Huelva e no mes de maio serán eles os que nos visiten a nós. Estamos desexando recibilos!
Boa viaxe a todos e a todas! Que aprendades e disfrutedes moito!
Máis
información en http://concienciarce.blogspot.com.es/p/ceip-n-2-tui.html