O 2 de abril, coincidindo coa
data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a
celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos
libros infantís e xuvenís e a lectura entre os nenos, nenas, rapaces e rapazas
de todo o mundo..
Cada ano esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a
autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat
Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
Lemos xuntos, ti e
eu.
Vemos que as letras
forman palabras
e as palabras
convértense en libros
que estreitamos nas
nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas
súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á
lúa.
Entramos en
misteriosos castelos
e das nosas mans
soben ata as nubes
árbores florecidas.
Vemos nenas valentes que voan
Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan
as estrelas.
Lemos xuntos.
Ti e eu, dando voltas e voltas,
Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo
coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha
Blanco
Neste día queremos aproveitar para recordar os contos..., os
contos de sempre ...
porque ... A quen non lle gusta que lle conten contos?
porque ... A quen non lle gusta que lle conten contos?
Dos que
nos contaban de pequenos, sexan do tipo que sexan... A todos nos
gusta volver á nosa infancia e que nos transporten a un mundo de fantasía. Pero se, ademais, estes contos se narran cunha intención
solidaria, o seu valor é dobre.
Unha serie de famosos personaxes colaboraron cunha iniciativa da Fundación La Caixa recitando versións actualizadas de varios contos clásicos. A intención é mover a cidadanía para que achegue o seu grao de area para rematar coa pobreza infantil. Fantasía e solidariedade a partes iguais.

Seguro que vos vai gustar escoitar esta particular versión de "La bella
durmiente" a cargo de Belén Rueda.