Trátase dun álbum ilustrado que incorpora un CD e DVD con 10
cancións que teñen a algúns animais do Parque da Natureza de Cabárceno como
protagonistas. Ademais do texto coas cancións de Susa Herrera e das
ilustracións de Violeta Monreal inclúense tódalas partituras dos temas e unhas
propostas didácticas para poder traballar na aula.
Na presentación, Susa Herrera interpretou algunhas cancións
do libro facendo un percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes. Os
nenos e nenas do segundo ciclo que tiveron a sorte de compartir esta xornada
con Susa, pasárono fenomenal. Moitas grazas, Susa!