CATAVENTOS E CÍA

Hoxe un grupo de nenos e nenas de terceiro de primaria representaron a obra “Cataventos e Cía”, de Celia Díaz Núñez. Esta obra foi a gañadora do II Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques e conta a historia dunha princesa e un poeta que están namorados pero que se atopan cun grave problema pois o rei quere que a súa filla case co home máis rico do reino. Coa axuda de varios personaxes, o amor verdadeiro remata triunfando. Con este argumento tan romántico todos os espectadores desfrutaron dunha estupenda xornada de teatro. Parabéns a todos e todas!!! 



As fotos son do último ensaio que fixeron, pero pronto poderemos ver o vídeo da representación de hoxe.