O día 5 de de xuño celébrase
o Día Mundial do Medio Ambiente que foi establecido pola ONU para
promover esforzos conxuntos no coidado do planeta e sensiblizar ao mundo en
relación a temas ambientais.
Este ano 2013 o lema é
"Pensa. Aliméntate. Aforra", unha campaña para reducir os desperdicios
e as perdas de alimentos e racionalizar os recursos enerxéticos empregados para producilos.
Cada ano pérdese ou desbótase aproximadamente un
terzo da comida producida en todo o mundo para consumo humano.
Podedes atopar máis información sobre esta campaña AQUÍ