TEATRO E MÚSICA

Os días 18 e 19 os nenos e nenas de sexto representaron a obra teatral " La princesa Teresa" na que un grupo de príncipes e princesas a punto de graduarse na súa escola, reivindicaban diante dos seus pais e profesores o seu dereito a elexir o que querían ser cando fosen maiores.




 Os nenos e nenas de segundo curso representaron a obra "A gran nube" na que dúas estupendas narradoras foron contándonos como unha nube que estaba desexando botar auga  ía acercándose a un grupo de campesiños, a un grupo de albaneis, a un grupo de amas de casa e a unha mestra e aos seus alumnos que estaban de excursión no monte, e lles preguntaba se querían unha pouca de chuvia pero todos lle contestaban que non, ata que por fin atopou a unha pequena flor que morría de sede e puido axudala a medrar coas últimas gotas que lle quedaban.


 E entre obra e obra o grupo de gaitas e pandeiretas interpretou varias pezas tradicionais galegas,  a orquestra integrada por nenos e nenas de varios cursos deleitounos coa música de Freddy Mercury e o grupo que está aprendendo a tocar a guitarra nas actividades da tarde demostrounos  as súas habilidades con estes instrumentos musicais.


Grazas a todos e a todas, actores e músicos, 
por facernos desfrutar nestas dúas xornadas. 
Sodes uns verdadeiros ARTISTAS.