A VISITA DE LÚA

O venres pasado, Lúa, tal e como nos prometera, veu de visita ao cole. Algúns nenos e nenas recibírona nas súas aulas e outros saíron impacientes aos corredores. Lúa, acompañada coma sempre por Meli, estivo saúdando a todos e contándolles que xa poden ir á Biblioteca  cos seus "profes" ou no recreo e, como non, polas tardes. Lúa trouxo os carnés  e as mochilas viaxeiras que percorrerán as casas dos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º . Tamén faloulles de que mercara moitos libros novos, sobre todo cómics, porque este curso é o tema en que vai traballar todo o colexio. 


MOITAS GRAZAS LÚA POLA TÚA VISITA!!!