EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



A campaña ÚNETE liderada polo Secretario Xeral da ONU  esténdese este ano a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero, desde o 25 de novembro en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos. A proposta é levar algo de COR LARANXA que simbolice unha posición activa en contra do maltrato. Preme na imaxe para ter máis información.
Canción interpretada por alumnos/as de 6º curso do CEIP San Sebastián de la Puebla del Río (Sevilla).