DÍA DE SAN VALENTÍN



Na nosa biblioteca hai moitas historias de amor que están esperando ser lidas e relidas por todos vós. 
Unhas son narradas, outras son poemas, outras son teatro e tamén na sección de banda deseñada atoparedes  algúns personaxes namorados.

Non deixedes de pasar pola biblioteca en busca desas historias.
Pero ademais están outros libros que aínda que non falan de amor poden conseguir que moitos vos namoredes deles. Só tedes que coñecelos e descubrir o seu interior.


Tamén na biblioteca poderedes escoitar historias de amor tan fermosas como esta entre un crocodilo e unha xirafa contada polas preciosas voces dos nenos e nenas de tres anos do CPI de Mondariz.