DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril, aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día do libro Infantil e Xuvenil. Irlanda foi o país encargado este ano do texto e do cartel para a conmemoración.


A imaxe é de Niamh Sharkey, unha ilustradora que conta co Premio de Literatura Infantil de Irlanda.
A escritora e editora Siobhán Parkinson, que tamén recibiu  o Premio de Literatura Infantil de Irlanda, é a autora desta "Carta aos nenos do mundo". 

(Preme enriba para poder ler o texto)