"O raposo e a mestra" é un libro que estamos lendo en tódalas clases do segundo ciclo.

O protagonista chámase Pindo, en homenaxe ao monte Pindo que desgraciadamente ardeu o verán pasado.
É un raposo que coñece tódalas linguas e ten o poder de hipnotizar cos seus ollos, aínda que acaba el mesmo sendo hipnotizado por unha mestra, á que escoita tocar o piano e cantar en galego.
A semana pasada tivemos un encontro co ilustrador, a quen nos interesaba moito coñecer porque fixo os debuxos de cada capítulo a modo de cómic e non coma adoita ser normal neste tipo de libros. Reunímonos con el no salón de actos e explicounos como fai o seu traballo. Logo debuxounos a Pindo e firmounos os libros.