DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


“SEGUIDE LENDO” foi o lema para a celebración do “Día do Libro Infantil e Xuvenil” pois este ano o 23 de abril estaremos de vacacións. Por quinta vez consecutiva reunímonos tódalas bibliotecas dos colexios e institutos de Tui coa biblioteca municipal para organizar unha festa arredor da lectura.
Foi un día de chuvia que fixo que nos “refuxiaramos” no marco incomparable do Claustro da Catedral onde houbo contos, recitados, cancións, bailes, música, etc. 
A pesares das inclemencias do tempo durante  toda a mañá numerosos grupos de nenos e nenas acudiron contentos a esta cita anual levando libros para intercambiar e actividades para compartir.