DÍA DO MEDIO AMBIENTE

As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente, co propósito de "facer máis profunda a conciencia universal da necesidade de protexer e mellorar o medio".
Ao longo dos anos esta celebración converteuse nunha das principais ferramentas para impulsar a sensibilización sobre a importancia de coidar o noso medio: deforestación, desertización, contaminación, cambio climático … son accións do ser humano e as principais ameazas na actualidade.
Hoxe todos debemos reflexionar sobre a nosa relación co medio, e a partir desa reflexión dar pasos significativos cara ao seu coidado.