IMOS AO TEATRO

Esta semana tivemos a oprtunidade de ver dúas obras de teatro. Unha representada polos nenos e nenas de 3ºC e outra polos de 6ºB. 
A primeira obra titulábase "Soñar non custa nada" e trataba dun feito sucedido na noite máxica de San Xoán na que algúns personaxes das historias clásicas cobraron vida  e foron sometidos a un xuicio por portarse mal nos seus respectivos contos de orixe.



A segunda foi o coñecido conto "O príncipe feliz" de Óscar Wilde: Unha pequena andoriña que está a piques de marchar en busca de terras máis quentes descansa aos pés dunha estatua que lle pide un favor moi especial e por axudalo perde a súa vida pero salva a de moitas persoas.




NORABOA A TODOS E A TODAS!
ENCANTÁRONNOS AS VOSAS ACTUACIÓNS!