Meli e Mª Luisa volveron ao colexio de novo para contar un
conto que encantou ao seu auditorio.
Emilia era unha nena que tiña un vestido con flores, un
abrigo vermello e zapatos con lazos vermellos. Vivía nunha casa xunto ao
bosque, co seu papá e a súa mamá, o seu irmán Esteban e a súa irmá pequena
Elisa. Emilia tiña tamén un osiño cunha pata rota, unha cadeira verde e un
ourizo vivo: Arturo.
Un día Emilia puxo o seu abrigo vermello e os seus guantes
vermellos e foise pasear polo bosque en busca de flores coas que facerlle un
ramiño a mamá. Colleu pola dereita, logo pola esquerda, outra vez pola
dereita, e, finalmente, Emilia perdeuse.
O bosque era moi grande e Emilia moi pequeñita. Como fará
para volver con mamá e papá? Subirá a unha árbore para mirar dende alá arriba?
Pero a primeira póla está demasiado alta!...
Oh, un ruído! Mamá dixera unha vez que os lobos están moi lonxe, pero
cando se é moi pequena e estase perdida no bosque, tense medo e dan moitas
ganas de chorar.
Pero non eran os lobos, era Arturo!, Arturo, o ourizo! Emilia ponse moi contenta.
Agora xa non está soa! Arturo coñece o camiño! Dan voltas á esquerda, á
dereita, e aí está a casa! Grazas, Arturo!
E agora na casa, como sempre, están papá e mamá, Esteban e
Elisa, a cadeira, o osiño que ten a pata rota, e tamén Arturo e, por suposto,
está... Emilia.
MOITAS GRAZAS MELI E Mª LUISA POR CONTARNOS ESTA HISTORIA TAN BONITA!!!