DÍA DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO

O 10 de novembro celébrase o Dia Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, co obxectivo de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e en particular, para a erradicación da pobreza e en pro da seguridade humana. 



O Día Mundial quere tamén lograr unha maior conciencia no público da importancia da ciencia e encher a brecha existente entre a ciencia e a sociedade. E todo pode empezar a arranxarse nas nosas escolas alentando a curiosidade innata dos nenos e nenas.