CINE NA BIBLIOTECA

Durante esta semana Lúa seleccionou tres curtas para proxectar na biblioteca e concienciar ao noso alumnado de que hai  outros nenos e nenas que viven vidas moi diferentes ás súas. 

O Nadal é unha boa época para recordar que todos e todas temos dereito a levar unha vida feliz.

As pelis son:
"Mis zapatos" de Nima Raoofi.
"5ª campaña de Sonrisas Dulces", protagonizada por nenos enfermos de cáncer.
"Canción de Nadal en lingua de signos", interpretada por alumnas do IES Pío Baroja.