"CAMIÑO Á ESCOLA"

O día 23 de xaneiro estrease en cines de toda España unha película que vos queremos recomendar. 

Trátase de "Camiño á escola", do director francés Pascal Plisson. Está galardoada co Premio César ao Mellor Documental no ano 2014, foi vista por máis dun millón e medio de espectadores en Francia e obtivo moito éxito noutros países europeos.

(Máis información facendo clic sobre a imaxe)

Os protagonistas son unha nena e tres nenos de diferentes partes do mundo que cada día, durante horas, percorren varios quilómetros e enfróntanse a distintos perigos e obstáculos para chegar á escola. Fano cun gran sorriso, cantando en moitas partes do seu camiño, xogando e, o máis importante, ilusionados porque a cada paso se achegan un pouco máis ao seu destino.

Jackson (11 anos, Kenya), Carlitos (11 anos, Patagonia), Zahira (12 anos, Marrocos) e Samuel (13 anos, India), comparten o mesmo desexo de aprender e a pesares das longas distancias que han de percorrer ata as súas respectivas escolas e ás complicacións que xorden no camiño, entenden o importante que é asistir á escola.

"É moi importante que os nenos sexan conscientes do importante que é ir á escola. Aquí, onde a escola é gratuíta, deben ser plenamente conscientes da sorte que teñen", explica Pascal Plisson, que conta unha anécdota moi reveladora dun dos nenos da súa película, Carlitos. "Cando lle dixemos que para facer a película ía perder dous días de escola, dixo que entón non quería facela. Tivemos que pedir axuda á súa profesora, que converteu a rodaxe noutra cousa. Díxolle que tería que facer unha redacción e presentala como un traballo aos seus compañeiros. Entón xa dixo que si".

Camiño á escola, conta co apoio de UNICEF e da UNESCO.