CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2015

O noso centro leva xa varios anos colaborando coa organización da “Campaña Mundial pola Educación”, que traballa para conseguir o cumprimento dos compromisos internacionais que garanticen una educación para todos e todas.
O lema de este ano é...    EU VOTO POLA EDUCACIÓN. E TI?



O pasado 12 de maio o alumnado de 6º de primaria acudiu en representación de todo o colexio ao acto central da Campaña deste ano que se  celebrou no teatro Principal de Santiago de Compostela.

Os nosos nenos e nenas presentaron o resultado dun traballo de investigación feito na biblioteca do “cole” sobre a igualdade de xénero  relacionándoa coas letras das cancións na música infantil tradicional.
Así descubriron que gran parte das cancións infantis tradicionais teñen unha mensaxe sexista. O mesmo se pode dicir de moitas cancións populares onde a muller tiña un papel de sumisa esperando ordes  do  marido  ou mantiña a esperanza de poder casar. 

Pero tamén atoparon exemplos de mulleres que se rebelan, mulleres que se fan escoitar… Coa axuda do profe Ramiro prepararon a canción “Sete mulleres do Miño”  versionando unha de Jose Afonso. A canción conta a historia de María da Fonte, unha muller valente que xunto coas súas veciñas decidiron enfrentarse ao goberno portugués pelexando polo que crían inxusto.


Tamén fixeron unha versión dunha canción de SES, unha nova cantante galega, que fala de mulleres loitadoras e valentes, coa que reinvindicaron que todas as mulleres no mundo teñen dereito á educación.



Aquí tedes algunhas fotos do evento...



E este é o vídeo completo da Campaña deste ano no que participan algún dos nosos nenos e nenas e o noso director, e que foi rodado en parte na nosa biblioteca.