MADRIGAL Á CIDADE DE TUI


O madrigal é unha composición poética breve, normalmente de tema amoroso ou idílico, que combina versos heptasílabos e hendecasílabos. 
Manuel María escribiu seguindo esta estrutura unha composición dedicada á nosa cidade. No colexio está exposta nun dos corredores para que todos poidamos gozar coa súa lectura.


































MADRIGAL Á CIDADE DE TUI

Tui, episcopal e fronteiriza,
-“Fronteira de que e para que”-
ollando a túa propia imaxe
no fráxil espello fuxidío
das doadas augas do Pai Miño
sen que os teus ollos cansos
acaden contemplar o máxico
fulgor dos fogos de San Telmo.
É a ti a quen pregunto:
¿Sentiches, cecais, a tentación
de botarte, libre, a navegar
río abaixo na percura da roita
que te poida levar ao infinito?