CORRESPONDENCIA CON MANUEL MARÍA

Hai máis de trinta anos, nenos e nenas deste colexio escribíronlle a Manuel María e enviáronlle poemas e debuxos. 
El contestoulles e aquí temos a súa carta grazas ao noso compañeiro durante moitos anos, ainda que na actualidade xubilado, Luis Márquez.
Manuel María ademais de agradecer a correspondencia, fala do río Miño que une Tui, a nosa cidade, coa súa vila natal, Outeiro de Rei.

"Desexo ... que escoitedes a canción do Miño con ouvidos puros e corazón limpo e a gardedes no fondo do voso ser. ....O Miño canta en galego. Sempre. É algo que non debedes esquecer nunca".

Que fermosas palabras!


Para vela máis grande premede AQUÍ

Varios anos despois segue o intercambio de correspondencia e Manuel María anúncialles aos nenos e nenas a publicación do seu libro "A tribo ten catro ríos". 






























Premede enriba da imaxe para vela máis grande...

 e non deixedes de lela!