APADRIÑAMENTOS LECTORES

Os nenos e nenas de sexto escribiron historias cunha finalidade moi concreta: lerllas aos nenos e nenas do primeiro ciclo. 

Como bos padriños e madriñas o día do encontro literario non ían coas mans baleiras; tamén levaban marcapáxinas que fixeran eles mesmos coma agasallo para os seus afillados/as.

Todos xuntos, pequenos e maiores, pasárono moi ben xuntos e desfrutaron das historias creadas para a ocasión.