VISITA DE ÉRICA ESMORIS

A escritora Érica Esmoris visitou o noso colexio e reuniuse cos nenos e nenas de quinto na biblioteca.


Érica contoulles que os libros foron os seus compañeiros de viaxe desde pequena e que sempre quixo converterse en escritora. Tamén faloulles da súa admiración pola mítica Pippi Langstrumpf, personaxe literario que encarnaba unha nena imaxinativa e pouco convencional que tiña moita forza e vivía soa rodeada de mascotas.

Érica é a autora de “Nena e o mar”, un relato que todos e todas leron  previamente e que lles encantou, pois a súa protagonista é moi valente e independente. 

“Nena e o mar” foi Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2015. Un grupo de 5º fixo un programa de radio animando á lectura deste mesmo libro e que foi emitido pola Radio Municipal (Podedes volver a escoitalo AQUÍ).


Ao final do encontro Érica firmou exemplares de “Nena e o mar” e recibiu varios agasallos feitos polos nenos e nenas.