EN BUSCA DE...

Chegou o día que todos e todas estabamos a esperar impacientes.

A cada clase foi enviada unha chave cunha mensaxe. A cambio foron entregados os resultados da investigación que se realizou  sobre as tellas.

A mensaxe tiña unha pista que  levaba a un determinado lugar do colexio onde se atopaba un sobre con outra mensaxe.


Isto sucedeu varias veces: houbo que ir ao xardín, a secretaría, ao invernadoiro, ao parque infantil, ao almacén, ao enreixado, a casiña de barro, ao campo de balonmán, etc, e ler as novas pistas.




A última pista, a máis importante, facía que dúas clases se atopasen no mesmo lugar e empezasen a comprender o sentido do xogo no que estaban participando: unirse con lazos fraternais.

Desta unión sairán estreitas colaboracións en diversas actividades que desenvolverán o proxecto deste curso: construír xuntos algo que devolva o sorriso a nenos e nenas que non coñecemos, pero que sabemos que o están pasando mal.


Cos anacos de tella que mandara Lúa a cada aula, as clases irmandadas  puideron formar unha tella enteira que foi selada e levada á biblioteca.

 

Alí Lúa, acompañada do profe Ramiro, estaba esperando para dar a benvida a todos e a todas en persoa, e explicar polo miúdo os proxectos que ten para este ano. Está convencida de que podemos cambiar o mundo, pero sabe que necesita que sexamos un gran equipo, no que non falte ningún.




Tamén aproveitou a xuntanza para repartir as mochilas viaxeiras con libros e películas para toda a familia e deu un pergamino cunha carta que podedes volver a ler  aquí...

(Premede enriba da imaxe para vela en grande)