FORMÁNDONOS PARA DESENVOLVER O PROXECTO

Durante toda a semana celebráronse varias actividades relacionadas  co proxecto "COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO" nas que participaron tódolos nenos e nenas do colexio.

En primeiro lugar visitounos Xoán Martínez Tamuxe, que é historiador, escritor e investigador. Reuniuse co alumnado de quinto e sexto de  primaria e faloulles da historia da cerámica, centrándose sobre todo nos "cabaqueiros", tema que coñece moi ben. Ademais trouxo ferramentas e varios tipos de tellas que puideron observar de cerca.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º reuniuse en  diferentes quendas co profesor Fernando Garrido que lles explicou cal é o proceso que segue o barro para converterse en cerámica, e falou das profesións relacionadas con esta actividade. Tamén se visionou un vídeo sobre o traballo dun alfareiro usando o torno.


Por último, un experimentado "cabaqueiro", Xosé Alonso, veu ao centro coas súas ferramentas e mostrou en vivo en que consiste o seu traballo mentras lembraba coma transcorreu a súa vida laboral fabricando tellas en varias partes de España. 

Os nenos e nenas tiveron ocasión de ... manchar as mans ...  transformando o barro .... en auténticas tellas artesanais.


MOITAS GRAZAS A TODOS!