ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Os nenos e nenas de 6ºC visitaron a Radio Municipal de Tui para recomendar a lectura de "Esmeraldina, a pequena defunta" escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas. Está publicado por Xerais.

 Ledicia Costas escribiu “Escarlatina, a cociñeira defunta” , que como sabedes (porque xa foi recomendado o ano pasado) ten varios premios. Nesta ocasión a autora  preséntanos unha historia ambientada no salvaxe oeste, e polo relato desfilan indios, vaqueiros, salteadores….

A trama principal sucede no Hotel Fantastique, onde Esmeraldina e a súa familia son responsables da cociña. O tema gastronómico volve a aparecer, incluso inclúe como epílogo da historia o “Libro de receitas de A Tremenda”, alcume polo que era coñecida a avoa da protagonista.

Esmeraldina morre, pero segue a vivir no hotel convertida en pantasma e terá que aprender a vivir a súa nova existencia como ectoplasma.

O libro é divertido, terrorífico, disparatado, e  moitas cousas máis que... o alumnado de 6ºC invita a descubrir entre as súas páxinas.