O RITMO DO CAMIÑO

Celebramos o Día Escolar pola Paz acudindo todo o colexio, invitados pola ANPA, a ver o espectáculo titulado "O ritmo do camiño", que é a continuación de "Antía, Wamba e o regato pequeno" do grupo A tropa de trapo, que xa tivemos a ocasión de presenciar hai dous cursos.


Situámonos dez anos despois daquel primeiro encontro entre Antía, unha nena galega, e Wamba, un rapaz do Congo, compartindo un bocadillo nun parque. 

Agora Antía é unha cooperante en África e coñece a aldea de Wamba, e el percorre Europa buscando traballo. 

Ambos percorren camiños distintos e mentres o fan van contando historias que falan de resolver os problemas con diálogo e con optimismo, sen parar de cantar e sen perder o ritmo.



Ao final vimos todos xuntos o "mannequin challenge" que fixemos no colexio. Canta paz había mentres se gravou!!!

Podedes velo de novo AQUÍ.